A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

24/07/2007

Versos pra un país de minifundios


Adico-vos no prelúdio do Dia da Patria estos versos de Manuel María da Terra Chá, esse incrível poeta, o qual facía versos com qualquer coisa imaginável.
Estes forom um dos primeiros versos nos quais o Manuel claramente deixa ver a sua ideologia patriótica; escritos no 1969, som ums dos mais gostosos de ler baixo o meu ponto de vista.

Estou cos meus,
co meu pobo de labregos,
de mariñeiros i emigrantes:
como o seu pan,
bebo o seu viño,
falo o seu idioma secular.
Este é o único xeito
de estar co pobo:
compartir a palabra
que nos xungue e nos salva.
(Non comprendo como
se pode estar co pobo
despreciando a súa fala).

É inútil loitar
contra do pobo
e inútil querer
asoballalo: sempre
rexurde renovado,
limpo, virxe, inocente
e incontible.
A súa forza é inesgotable.
Pasan os tiranos
i o pobo sigue en pé
ergue a súa testa,
eternamente
xoven e fermosa
pese a que a quixeron afogar
en océanos de sangue.
O pobo sempre percura
de novo, por instinto,
os camiños que o levan
cara a súa inalienable
e definitiva libertade.


Aguardando a que se lhe adique o Dia das Letras... em breve

5 comentários:

braisarias disse...

Sabedes todos que eu nom frequento escrever em galego-português mas hoje dou me por o fazer. Aguardo que nom vos incomode.

Anônimo disse...

eu gozo da palabra galega,
do sabor da miña terra galega,
miña terra, miña terra...
sempre galega, a pesar de galegos q ousan de empregar linguas estranxeiras...

eu gozo dos versos esquecidos naquela lareira de pedra de lugo,
onde Rosalia tecia versos nos pensamentos de mulleres que sufrian o afastamento do cariño dos seus homes...
aquelas mulleres que esperaban na cociña co meniño ao lombo, e que repondian aos fillos cunha bagoa cando estes preguntaban por seu pai

eses sentimentos que nos endureceron, non faran pereder o amor pola nosa terra, porque esa non e a verdadeira historia de galicia, ese e o pesadelo que nos fixeron pasar, a opresion que tivemos, aquel medo que habia a empregar doces palabras galegas diante daqueles manequies de traxe verde que o unico que facian era amosar unha cor escura a nosa fermosa terra.

agora diganme vostedes...diganme xetes galegas que ousan de empregar palabras importadas...

diganme en que idioma poden expresar ese cariño, que na nosa terra abonda con decir aloumiño, porque a palabra e tan doce que tan so pode expresar amor

diganme vostede en que idioma expresan isto cunha palabra tan doce...

simplemente galicia e unha terra de aloumiños.

Anônimo disse...

e o meu 1º poema publicado, dado que tan so teño 13 anos, pero xa teño lido poemas meus en publico, por favoor comentade o poema, por favor.


bikiños

Anônimo disse...

e o meu 1º poema publicado, dado que tan so teño 13 anos, pero xa teño lido poemas meus en publico, por favoor comentade o poema, por favor.


bikiños

braisarias disse...

pois está bon, pa ser o primeiro que escribes esto moi ben; pero podia asinar cun nome, en lugar de por anonimo; para así ter referencias por aí