A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

15/07/2007

Agresión lingüistica

A mediados de xuño, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un novo caso de grave discriminación sufrida por unha muller que acudiu co seu fillo á consulta pediátrica no Hospital Modelo da cidade da Coruña. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando a médica lle exixiu "que se dirixise a ela en castelán". Convidamos á sociedade galega a enviar correos ao hospital, para que corrixan o desprezo pola nosa lingua, e, como paso mais público, galeguicen o seu web.

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora.

A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web.

Envía o prego dende eiquí e agora .

5 comentários:

Anônimo disse...

A Coruña. Cidade na que ninguén é forasteiro, dicía o reclamo fai anos... :-)

Mentres nos preocupen tonterías coma esa seguiremos tendo un problema de identidade e respeto por nós mesmos. Nunha Galicia verdaderamente aberta e plural, non nos custaría nada falarlle castelán ó de fóra se con iso conseguimos que nos entenda mellor.

A miña experiencia cotiá amósame que a xente de fóra, pouco a pouco vai pillando o galego e finalmente o entende sen problema. Ó principio lles custa, como todo, pero logo entenden sen problema (e nós entendemos sen problema o castelán así que... ¿onde está o problema?)

O verdadeiro abuso linguístico é o que faríamos nós mesmos se para acoller a alguen na nosa terra lle esiximos o galego por arte de maxia. Tempo o tempo, xa verás como esa doutora acabará entendendo o galego e xa non pedirá ós seus pacientes que lle falen en castelán. Agora ben, causándolle problemas, acusándoa de agredir á lingua, presionando á dirección do centro na súa contra, probablemente fagamos desa doutora unha enemiga más ca unha amiga.

braisarias disse...

a ver, a ver; o tema é que hai formas e formas de pedir as cousas, e o que non pode facer unha señora que está "ofrecendo" un sevizo en Galicia, cuxa lingua oficial é o galego, é eisixirlle a un "cliente" que se dirixa a ela en castelán.
Podendo facer as cousas polas boas pedindo por favor as cousas, explicando que é de fora, recen chegada (se é o caso) e bla bla bla.
OLLO, o caso é que segundo conta a nai:
unha médica do servizo de pediatría que exixiu a un paciente de 13 anos “que se dirixise a ela en castelán”

Novas relacionadas:
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=986
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=983

Anônimo disse...

Eu non concordo co primeiro anónimo. Na vida hai que protestar e reclamar ante as inxustizas, non pode un quedar calado. Só así se consiguen cousas. Esta señora pediulle de malos modos a un cativo que deixase de falar en gallego para dirixirse a ela. Por iso temos que facerlle saber que está mal, e non vamos quedar calados porque non lle interese entender o que para ela será "a lingua dos pailáns".

Anônimo disse...

"Segundo conta a nai..." Pero, ¿qué conta a médica? Non é xusto darlle voz a uns e a outros non.

braisarias disse...

a ver, a contestación da medico non se sabe; o que si que se sabe é o q contestou o hospital, que creo q esta nese enlace que copiei na entrada