A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

04/07/2007

Deus Fratesque Gallaecia

Esta cita; convertida en mítico canto patriótico (teñoa escoitado musicada por Skarnio, e tamén por Suso Vaamonde); coido que é de Alfredo Brañas Menéndez, escritor e un dos ideólogos do rexionalismo galego.
Máis información del na Wikipedia - Brañas


Castel dos celtas esperta axiña
Ergue do fango da escravitú
Patria da ialma teus ceibes cantos
Enchan o mundo de norte a sur
Das costas bravas do Finisterre
Hastra as douradas veiras do Sil
Ruxan os ventos de loita e morte
Contra os tiranos de meu país.
Dos meus pasados, bendita terra,
Nai adourada da miña nai
Creva as cadeas que te asoballan
E cingue a croa da libertá
Cantai galegos o himno xigante
Dos pobos ceives, dos pobos grandes
Cantai galegos a idea santa
Da independencia da nosa Patria

Nenhum comentário: