A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

20/07/2007

Inauguración do centro social Roi Soga de Lobeira en Noia

Logo de meses de traballo pónse a andar o Centro Social Roi Soga de Lobeira en Noia. A casa común do soberanismo na bisbarra da Ría de Muros e Noia abrirá as súas portas o vindeiro sábado 21 de xullo a partir das 20:00 h.

O programa de actos consta da proxeción dun audiovisual, da autoría de Roi Ribeira, no que se amosa como ten sido o desenvolvemento de adecuación do baixo onde fica ubicado o C.S., unha intervención política a cargo de Ugio-Breogám Diéguez, e unha actuación musical/foliada seguida dunha cea de confraternidade. Os actos de inauguración fican abertos a quen quixer participar deles sendo a cea de balde.

O C.S. Roi Soga consta dunha superficie de 250m2 dividida en distintos espazos. Presidido polo Escudo da Galiza deseñado por Castelao, o C.S. conta cunha área de exposicións, unha sala de lectura e formación -Sala Moncho Reboiras-, unha outra sala para o debate, conferencias e audiovisuais -Sala Carlos Varela-, un escenario para obras teatrais, unha área de conexión sen fios á internet, así como unha ampla cafetaría concerto. O C.S. fica ubicado na rúa Travesía nº3 de Noia.

Inaugura con nós un novo espazo de reivindicación e loita ao servizo do pobo!

Darlles os meus parabens e que vai ben no seu novo proxecto, e:

10, 100, 1000 CENTROS SOCIAIS!!

Que vivan os "chiringuitos"!

Nenhum comentário: