A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

09/07/2007

Prohibichedes o galego nas escolas...


Non sei como din feito para non poñer esta cita antes, penso que a causa foi máis ben porque non tiven o libro en Guitiriz todo este tempo.
Bueno, esta cita é mitiquísima, dunha persoa tamén mitiquísima como é Castelao, e que vou dicir que non sepades del...
Igual si que hai algo q non escoitachedes del, que é unha frase anecdótica; como ben sabedes Castelao estudou medicina, anque non foi esta profesión exercida demasiado tempo por el; o tema é que unha vez dixo:
Fíxenme médico por amor a meu pai, non exerzo a profesión por amor á humanidade


Aí vai a cita que realmente quería ensinarvos:

Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioriade, facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexeas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.

Nenhum comentário: