JA JA JA!!
Que boa Loli así que:
"...A nós ninguén nos chamou para participar; somos tan galeguistas e herdeiros do republicanismo como calquera ou máis..."
Esta foi parte da declaración de Loli por non chamar ás Xuventudes Socialistas para participaren nos actos en memoria das Mocidades Galeguistas na Coruña.
Faime moita gracia cando en xeral o PSOE/PSdeG/Xuventudes... se declara que se galeguista, patatin patatán; a vos non vos parece un chiste?¿?
Hai que foderse, ser galeguista quere dicir ser galeguista; como se comeza a ser galeguista?¿?
Tendolle respecto á cultura galega, comezando polo galego; apoialo, FALALO non só cando se sae na TeleGaita pa quedar ben, non non, tampouco vale a variante dialectal Touriñal, non non. Tampouco vale cantalo himno galego unha vez ao ano en actos institucionais.
Riome eu do galeguismo do PSdeG/Xuventudes.
O GALEGUISMO HAI QUE EXERCELO.
Igualmente o Partido Socialista que ten de Socialista?¿?
O nome, porque outra cousa... Para ser Socialista hai que exercer como tal, non abonda con ter o nome, nin selo de estatutos.
Bueno, enrollar enrolleime ben abondo. Que brasa vos din; a nova completa que inspirou para este rollo que vos escribín podedela ver aquí
A XANELA CONTRA A IGNORANCIA
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário