A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

22/07/2007

Frase do día - Gurudev



Se choras por perdelo Sol, as bagoas non che deixarán ver as estrelas




Pois esta frase célebre con tanta sona resulta ser de Rabindranath Tagore (coñecido como Gurudev), poeta bengalí de finais do s. XIX principios do s. XX; non só foi poeta; foi tamén filósofo, dramaturgo, novelista, músico...
Vamos que o home este fixo de todo e o que igual o fai máis importante é que recibiu o Premio Nobel de literatura, é máis, foi a primeira persoa asiática que recibe este premio.

Nenhum comentário: