A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

31/12/2007

A fala



Para despedirvos o ano, adícovos estes versos de Pondal sobre da fala, a nobre e harmoniosa fala de Breogán.


Nobre e harmoniosa
fala de Breogán,
fala boa, de fortes
e grandes sen rival;
ti do celta aos ouvidos
sempre soando estás
como soan os pinos
na costa de Froxán;
ti nos eidos da Celtia
e co tempo serás
un lábaro, sagrado
que ao triunfo guiará,
fala nobre, harmoniosa,
¡fala de Breogán!

Ti, sinal misterioso
dos teus fillos serás
que polo mundo dispersos
e sen abrigo van;
e a aqueles que foran
nunha pasada edá
defensores dos eidos
contra o duro román
e que aínda cobizan
da terra a libertá,
nun pobo nobre e forte,
valente, axuntarás,
¡oh, fala harmoniosa,
fala de Breogán!

Serás épica tuba
e forte sen rival,
que chamarás aos fillos
que aló do Miño están,
os bos fillos do Luso,
apartados irmáns
de nós por un destino
envexoso e fatal.
Cos robustos acentos,
grandes, os chamarás,
¡verbo do gran Camoens,
fala de Breogán!

10 comentários:

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
vary disse...

gracias por tu visita
saludos!!!

dAv!d disse...

Hola, hace diez meses te pasaste por mi blog (www.blogdavid.es.vg) con motivo de la "proyección" que llevé a cabo de la peli Zeitgeist en mi cineclog. Pues bien, quería informarte de que ya puede verse la segunda parte de la película Zeitgeist: Addendum.

Saludos!

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
A do outro lado da xanela disse...

Grande Pondal, sempre!

A pesares de toda a lenda que o arrodea.

Bo xeito de despedir o ano, con palabras pretéritas aínda tan vixentes.

Bicos!

Gretel disse...

Hola!

Hace unos días encontraste mi escondite. Visito los tuyos. Me sumerjo. Encuentro diferentes sensibilidades, miradas, colores. Me gusta.

Creo que nos conocemos(por lo que me cuentas en tu comentario) pero no recuerdo de qué.

En cualquier caso, inaugurado el intercambio.

Bicos!

Eme disse...

me gustaria aprender este idioma*

pues es una taberna muy popular*

besosdulces*

Allek disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

Your blog keeps getting better and better! Your older articles are not as good as newer ones you have a lot more creativity and originality now keep it up!

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.