A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

25/09/2007

Potada na TV

eu non sei se vos vichedes algunha vez a un/unha prestentador/ar potar na TV, pero eu non, resultoume curioso. é unha carallada, pero...
Aquí a noticia en 20minutos


Sesión 5 - Uso do 'q' e 'qu'

Como a sesión 4 foi demasiado sinxela (quen non a sepa ha levar paus) ración dobre hoxe.

Dicir que 'q' sempre vai seguido de 'u'. Á hora de pronunciar, pronúncianse as duas letras salvo algúns casosnos que se admite pronucialo 'u' ou non

Esmprégase 'qu' en:

1-Co fonema /k/ ante 'e' e 'i' (igualmente ca na normativa oficial)
exemplo:
requinta, queijo...

2-Todas as palabras comezadas por qua-, qüi- *, quo; salvo cuidar e as derivadas de cu: cuada, cueiro...
exemplo:
quadro, quota, qüididade...

3-Todas as palabras comezadas por aqu(a)-, equa-, eqüe- **, eqüi-, equo-, esqua- e sequ-
exemplo:
aquático, aqüeduto, equador, eqüestre, esquadra, seqüela...

4-As rematadas en -quo salvo conspícuo, inócuo e vácuo
exemplo:
ventríloquo, longínquo...

5-As rematadas en -qüência e -qüente
exemplo:
eloqüência, conseqüente...

6-As relacionadas co verbo latino loqui (falar)
exemplo:
loquaz, loquacidade...

7-Tamén as seguintes:
adequar, antiquar, antiquário, cinqüenta, liquar




* qüi lese coma se fora cui segundo a normativa oficial, foneticamente /kwi/; ponse qüi para diferenciar de qui que corresponde con /ki/
** qüe lese coma se fora cue segundo a normativa oficial, foneticamente /kwe/; ponse qüe para diferenciar de que que corresponde con /ke/

Sesión 4 - días da semana

o máis correcto segundo a normativa AGAL é usar os días da semana de orixe cristiá (feiras); na normativa da RAG-ILG consta que esta denominación dos días da semana é tamén válida; pero debido a que non é moi coñecida paso a comentar:

A semana comeza en Domingo, logo viría a segunda-feira (luns), terça-feira (martes), quarta-feira (mércores), quinta-feira (xoves), sexta-feira (venres) e sábado.

así de sinxelo :-)

NOTA: na liguaxe informal é frecuente que nos atopemos os nomes dos días da semana sen feira; por exemplo: quarta, en lugar de quarta-feira.

23/09/2007

Dicionário e-Estraviz

Para aquelas persoas que queira consultar un diccionario de galego-portugues online contan co Dicionário e-Estraviz, que conta tamén con varios xogos: Analogias, Falsos Amigos e o Trivial e-Estraviz
Recomendado para a xente que comece a escribir en AGAL ou para a xente q ainda non esta moi posta nesta normativa e que queira consultar calquera dubida.

Frase do día - Karl Marx



Os filósofos non fixeron máis que interpretar o mundo de diversos xeitos; pero do que se trata é de transformalo





Supoño que todo o mundo sabe quen foi Marx, pero se non:
wikipedia - Karl Marx

22/09/2007

Sesión 3 - m final e dígrafos

Uso de 'm' ao fin de palabra

1-Usase o 'm' ao final das palabras en lugar do (-n oficial)
exemplo:
em, com, um ...


2-Usase -m tamén nos adverbios rematados en -mente que esteñan formados a partir de adxectivos rematados en -m
exemplo:
comummente ...


3-Non se usa o 'm' nos plurais
exemplo:
uns, comuns ...


O uso de 'lh' correspondese co uso do 'll' na normativa oficial
exemplo:
colher en lugar de coller


O uso de 'nh' correspondese co uso do 'ñ' na normativa oficial
exemplo:
senhor en lugar de señor


O uso de 'mh' correspondese co uso do 'nh' na normativa oficial
exemplo:
umha en lugar de unha

21/09/2007

Son los americanos estupidos?

O titulo xa o di todo sobre o video
AVISO: que ninguén se sinta ofendido, o titulo da entrada é o titulo do video

20/09/2007

Alerta Phishing

O Phishing chega a Caixa Activa (o servizo de banca electrónica de Caixa Galicia)
Acaba de chegarme un correo aperentemente de Caixa Galicia:
Encabezamento da mensaxe:

From: Caixa Galicia <info@gaixagalicia.es>
Date: 20/09/2007 19:25
Subject: Caixa Activa - Atencion
To:


Corpo da mensaxe:

Debido a las ediciones recientes que aparecieron al Caixa Galicia servicio online estamos actualment lanzar un nuevo sistema
de la seguridad para parar los escapes de la información.

Para beneficiar de las nuevas instalaciones seguir por favor el acoplamiento abajo.

Para poner al día tu estado de cuenta ***AUTHENTICAR*** y terminar por favor los pasos necesarios.

****Advertencia****
Si no terminas los pasos siguientes tu cuenta se puede exponer a las acciones del fraude.
No contestar por favor a este mensaje. Para cualquier investigación, entrar en contacto con el Servicio de Cliente.

Se entrades no enlace que aparece levaravos á seguinte web (moi parecida á Caixa Activa):


A seguinte imaxe é a imaxe da web que SI que se corresponde coa de Caixa Activa (Para que vexades a diferenza):




Xa sabedes, moito ollo, os vosos cartos están en perigo; máis Caixa Activa segundo o meu punto de vista está bastante ben plantexada, xa que a coordenada a visualizar mandancha a través dunha mensaxe ao movil.

18/09/2007

Ipod en GNU/Linux

Descubrín hoxe a solución a un dos meus problemas para a migración a GNU/Linux: a xestión do iPod.
Buscando por aí adiante... atopei cun programiña chamado gtkpod que serve precisamente para a xestión dos iPods.
Lembrádesvos que co iTunes se mudavas o iPod dunha computadora para outra perdias toda a música; pois con gtkpod non pasa.
En fin provadeo; xa sabedes aptitude install gtkpod
XD

Agresión vandálica



que bon!!

17/09/2007

Sesión 2 - Toponimia galega

Isto é un resumo de topónimos de vilas e comarcas galega que difiren da normativa oficial

Abadim
Alhariz
Antas de Ulha
Arçua
Arteijo
Aviom
Barbança
Bezerreá
Bergantinhos
Betanços
Berço
Camarinhas
Canhiça
Carinho
Carvalhinho
Carvalho
Carvalhedo
Cela-Nova / Cela Nova
Cerzeda
Corcubiom
Cruzes
Crunha / A Corunha
Culheredo
Deça
Germade
Ginzo
Irijoa
Jove
Lalim
Laje
Lourença
Maçaricos
Marim
Manhom
Minho
Moanha
Mondonhedo
Monte-Roso / Monte Roso
Moranha
Mugia
Narom
Nigrám
Nogueira de Ramuim
Ogrobe
Oincio
Paços de Barvém
Pantom
Pastoriça
Ponte-Areias / Ponte Areias
Ponte-Caldelas / Ponte Caldelas
Ponte-Nova / Ponte Nova
Ponte-Vedra / Ponte Vedra
Porto-Marim / Porto Marim
Porrinho
Póvoa de Brolhom
Póvoa de Trives
Póvoa do Caraminhal
Rianjo
Ribadávia
Ribadeu
Ribeira de Piquim
Sás
Salnês
Alzeda de Caselas
Sam Cibrao das Vinhas
Sam Genjo
Sam Sadurninho
Sam Tisso
Savinhao
Silheda
Sobrado dos Monges
Somoças
Sárria
Tominho
Valdovinho
Verim
Vila-Boa / Vila Boa
Vila-Garcia / Vila Garcia
Vila-Marim / Vila Marim
Vila-Nova / Vila Nova
Vilalva
Vimiaço
Zebreiro

01/09/2007

Pranto pola Terra Cha

8 de setembro
aniversario do pasamento de Manuel María; na súa memoria, adícovos estos versos del.
Manuel María, poeta chairego!!

Eu son chairego. E chairegos son os meus.
¡Chairegos meu avó, meu pai, miña muller!
Denantes na Chaira reinaba a paz de Deus
e eu tiña, na Terra Cha, o meu querer.

¡Agora non podo recoñecer a terra miña!
¡Non podo recoñecer lugares que tripei!
Eu amo unha Terra Cha humildosiña
cun amor xeneroso, fidel e de boa lei.

Camiñei por toda a Chaira moi contento
cantándolle ás estrelas e ás rapazas.
Cantando á terra, ás arbores, ó vento.
Cantando os homes, ó gando e ás carpazas.

Agora xa non canto. ¡Choro!¡Os tractores
defixéronlle a face á miña Terra Cha!
¡Os ruxidos inhumás e roucos dos motores
matáronlle, pouco a pouco, a súa soidá!

¡Á miña terra puxéronlle outros traxes
e andan agora poñéndolle outra alma!
¡Foron desaparecendo camiños e paisaxes
e hasta os ríos perderon a súa calma!

Colonizaron a Terra Chan tan colonizada
que a trocaron noutra terra diferente.
Agora o traballo dun home non val nada:
¡traballa máis un tractor que moita xente!

¡Eu quero unha Terra Cha chea de fartura!
¡Unha Chaira boa e rica e moi sinxela
que, anque teña riqueza, siga sendo pura
e que, inda sendo rica, siga sendo ela!

¡Eu quero pedir os montes prós labregos
xa que, dende sempre, o labrego os poseeu!
¡Pido que a riqueza agrome en novos regos
e que cada labrego teña máis de seu...!

¡Qué os labregos sexan os donos do tractor
e que con el traballen o monte largacío!
¡Trabállase máis, con moito máis amor,
cando ún labra no seu propio labradío!

¡Choro agora por unha terra que era miña,
na que eu sentín nacer os meus amores...!
¡Era unha terra boa, fermosa, humildosiña
que a trocaron us homes con tractores!