A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

28/10/2007

Marica Campo Chairega de Honra

A Fundación Manuel Maria convoca

10 de novembro de 2007,
no IES "Poeta Díaz Castro",
Guitiriz


MARICA CAMPO DOMINGUEZ
"Chairega de Honra"

Ás 12 horas:
Táboa Redonda coa participación de
Pilar García Negro
Manuel López Foxo
Bernardo Penabade Rei

Ás 14 horas:
Xantar no Hostal "A Casilla" de Guitiriz

Ás 17 horas:
Representación da obra " O Premexentes" de Marica Campo, polo Grupo de Teatro "Prosopon" do IES "Poeta Díaz Castro" de Guitiriz

Ás 18 horas:
Concerto de poesía musicada de Marica Campo, na voz de Tino Baz e A Quenlla

Para apuntarse ao xantar (15 €): Tels: 646413890-982372040

21/10/2007

Obxectivo Concello de Foz

Que acontece na Marinha coa sua língua?. "Foz dispone de mar, playa, patrimonio histórico, monte, naturaleza, fiestas, ferias, instalaciones deportivas, actividades lúdicas y todo el ambiente nocturno de la costa de Lugo". E a língua propia? No web institucional do concello de Foz, non aparece. Dezanove anos despois da promulgazón da Lei de Normalizazón Lingüística, o concello segue sen dar satisfación ás suas obrigas legais. Convidamosche a que lles achegues un correo no que lembrarlles que a lei hai que cumprila.

01/10/2007

Obxectivo Blusens

Dende a súa sede central en Compostela, cunha proxeción internacional moi importante, Blusens é unha empresa lider en electrónica de consumo. Creada no 2002 en Galiza, asegura investir o 10% da sua facturación en I+D+I, presumen de ser diferentes, innovadores, excelentes, cun marketing agresivo, servizo post-venta personalizado. "Nuestra identidad local es la que nos impulsa a expandirnos internacionalmente"; "podemos permitirnos ser únicos, ser diferentes". Blusens ofrecen versión castelá e inglesa no seu web, pero non en galego. Envialles un correo pregando o uso da nosa, da súa lingua local, lingua internacional .