A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

27/07/2007

Vergonza

Esto foron uns versiños que me deu por escribir hai xa tempo; non son o que escribin orixinalmente; retoquino un pouquiño a ver se vos gusta.
Tede en conta que é que foi a primeira vez que me deu por escribir verso, e creo que tamén se nota que foi escrito logo dun acto político ou cultural, non me lembro moi ben.



Vergonza,
vergonza é o que uns perceben;
mentres outros,
outros orgullo senten.
Nembargantes,
o máis estendido é o medo
mais uns, grandes,
libres; din se senten;
mais, menten.

Unidade e prosperidade,
miseria e desigualdade;
o prometido e o obtido,
a envidiada ou a marxinada,
a liberada ou a asoballada.

A patria será sementada;
e tamén amada,
pois senon será finada.

25/07/2007

Feliz Día da Patria

Quixera desexarlle a todos os galegos un bo Día da Patria. E para facelo escríbovos unhas palabras de Xosé Chao Rego:

Non abonda con nacer en Galicia para ser galego,
hai que manterse espiritualmente coa cultura galega,
facela medrar e medrar con ela.

24/07/2007

Versos pra un país de minifundios


Adico-vos no prelúdio do Dia da Patria estos versos de Manuel María da Terra Chá, esse incrível poeta, o qual facía versos com qualquer coisa imaginável.
Estes forom um dos primeiros versos nos quais o Manuel claramente deixa ver a sua ideologia patriótica; escritos no 1969, som ums dos mais gostosos de ler baixo o meu ponto de vista.

Estou cos meus,
co meu pobo de labregos,
de mariñeiros i emigrantes:
como o seu pan,
bebo o seu viño,
falo o seu idioma secular.
Este é o único xeito
de estar co pobo:
compartir a palabra
que nos xungue e nos salva.
(Non comprendo como
se pode estar co pobo
despreciando a súa fala).

É inútil loitar
contra do pobo
e inútil querer
asoballalo: sempre
rexurde renovado,
limpo, virxe, inocente
e incontible.
A súa forza é inesgotable.
Pasan os tiranos
i o pobo sigue en pé
ergue a súa testa,
eternamente
xoven e fermosa
pese a que a quixeron afogar
en océanos de sangue.
O pobo sempre percura
de novo, por instinto,
os camiños que o levan
cara a súa inalienable
e definitiva libertade.


Aguardando a que se lhe adique o Dia das Letras... em breve

Francisco Rodríguez non será candidato para o parlamento

Comeza o proceso da sucesión de Paco Rdz

Iso comentou o outro día en Noia, na casa de cultura Antón Avilés de Taramancos na presentación do libro A Nación Galega Existe, conversas con Francisco Rodríguez de Xosé Mejuto
A nova completa de La voz de Galicia

10 pasos para non masturbarse

JAJAJAJAAJAJAJ
Mirade que cousas din esta xente dun foro cristiano:

1-Debes pedir al Señor perdón por tu pecado de Lujuria, con todo tu corazón, deseando un cambio en tu vida.
Se masturbarse é un pecado... Cantro traballo de perdón tería o noso señor
XD


2-Perdónate a ti mismo ( ya que cuando uno cae en la Masturbación tiene un sentimiento de culpabilidad y uno se siente sucio) Pero recuerda has dado el primer paso y Jesús te perdono, rechaza toda condenación que venga a tu mente.
OHHH, meus deus, que fixen, sintome tan mal...ate vou chorar

3- Evita estar solo, comienza a desarrollar actividades que distraigan tu mente, por ejemplo, Música, lectura, Etc. Esto te ayudar a que tu mente este pasiva.
En fin...

4-Mantén una disciplina de oración y lectura de La palabra de Dios, eso nos va a fortalecer cuando venga la tentación.
Niso mesmo estaba pensando eu, a min gustanme as novelas fantásticas, igual algún día leo a biblia

5-Evita ver televisión o películas con contenido sexual/erótico.

6-Busca y Congregate en una iglesia, De esta forma te alimentaras de la palabra de Dios y recibas su Rema. ( Si es posible, Involúcrate en actividades como: Pertenecer a un ministerio, Ayunos, Vigilias,etc.
Aquí si que me rompen, vixilias, xaxúns, de paso tamén ponte unha coroa de espiños na cabeza e chantate nunha cruz

7-Rompe o ( Quema si Quieres) todo tipo de Material con contenido sexual/erótico que tengas almacenado en tu casa.
Eu optaría mellor pola donación, a unha persoa que os necesite, ou a reciclalos, esta igrexa segue anclada no pasado da incineración do lixo

8-Evita Navegar por largas horas en la Internet, ya que cuando menos sientas, te Pueden mandar un archivo con tono pornográfico.
JaJaAjAjaJAAJaJAAJAAJAJaajAjJAjaAJj, cuidado que igual che disparan

9-Si tienes amigos que practican la Masturbación, no los frecuentes si estas solo. (ya que conozco casos en donde jóvenes se reúnen a masturbarse con el afán de mirar quien lo hace primero y quien expulsa mas semen y puedes volver a recaer)
Meu Deus iso non pode ser, empezas así e acabas.......xd
Prefiro perder un amigo que ter un amigo q se masturbe...xd


10-Si prometiste no Masturbarte y vuelves a caer….NO TEDES POR VENCIDO Y VUELVE A COMENZAR DE NUEVO DIOS TE ESTARA ESPERANDO
Veña que ti podes!!


En fin, unhas risas botanse.

23/07/2007

Frase do día - Cabanillas


Ceo branco do luar,

ceo azul do medeodía:
son dous anacos de ceo
a bandeira de Galicia.

Meendinho

Pouco se sabe sobre Meendinho, é posíbel que morase pola zona de Vigo. Só se conserva unha cantiga del, pero esta é baixo o meu punto de vista (e a dos críticos) unha das cantigas de amigo máis bela; xulgade:

Sedia-m' eu na ermida de San Simion
e cercaron-mi as ondas, que grandes son:
eu atendend' o meu amigo!
eu atendend' o meu amigo!

Estando na ermida ant' o altar,
[e] cercaron-mi as ondas grandes do mar:
eu atendend' o meu amigo!
eu atendend' o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas, que grandes son,
non hei [i] barqueiro, nen remador:
eu atendend' o meu amigo!
eu atendend' o meu amigo!

E cercaron-mi as ondas do alto mar
non hei [i] barqueiro, nen sei remar:
eu atendend' o meu amigo!
eu atendend' o meu amigo!

Non hei i barqueiro, nen remador,
morrerei eu fremosa no mar maior:
eu atendend' o meu amigo!
eu atendend' o meu amigo!

Non hei [i] barqueiro, nen sei remar:
morrerei fremosa no alto mar.
eu atendend' o meu amigo!
eu atendend' o meu amigo!

Voz da Galiza lanza o 25 de Xullo novo proxecto na Internet

Proxecto vozdagaliza.con surxe coa misión de se converter no forum referente e transversal para o debate na Internet de toda a cidadanía galega. O portal estará On Line a partir das 0h (hora galego-portuguesa) do día 25 de Xullo de 2007.

vozdagaliza.com é un forum aberto a toda cidadanía galega (e de outras comunidades culturais próximas) co fin de disponibilizar un espazo digital para o debate libre e aberto sobre temáticas relacionadas coa Galiza nos diversos aspectos: político, cultural, económico, social, científico, etc.

Este novo proxecto pretende así converterse nun punto de encontro vertebrador de toda a comunidade cibernetica galega, independentemente de cal for a súa ideoloxía, condición u opción lingüística e ortográfica. A misión de vozdagaliza.com é converterse no forún de debate na Internet referente e central da Galiza, que, guiado polos principios de acesibilidade, usabilidade e abertura á participación democrática, directa e sen censuras, quere ser a verdadeira voz na Internet da cidadanía galega.

vozdagaliza.com pretende dar total liberdade (dentro dos necesarios parámetros impostos polas regras de xogo da participación democrática) aos/ás participantes para que poidan opinar libremente sobre calquera temática. No entanto, vozdagaliza.com non se responsabiliza por ningunha das opinións particulares manifestadas no forum.

Indicar que os/as usuarios/as poden participar desde xa na versión Beta do forum.

Mapamundi de dominios

Mirade a imaxe en grande, podedes ver os dominios de todo o mundo, é o primeiro mapamundi de dominios. Veña baixadeo, non se vos escapará ningún dominio.
XD

Cociñar un ovo con 2 telefonos moviles


UHHHMMMM!!
Que rico

Movemento pola Base comeza o proceso da súa constitución

Así é a corrente Movemento pola Base (dentro do BNG) inicia o proceso de constitución como grupo político dentro do BNG, para quen teña interese no proxecto, pode ler os textos aquí, e pode atopar máis sobre Movemento pola Base na sua web.

O coitelo antiespanholista


moi bo video, do andressolo como non

Tetris nipón



Mirade como é o Tetris xaponés.
youtube - video

22/07/2007

Día da Patria

Moi bo este video do andressolo falando sobre do Día da Patria
video - youtube

Frase do día - Gurudev



Se choras por perdelo Sol, as bagoas non che deixarán ver as estrelas




Pois esta frase célebre con tanta sona resulta ser de Rabindranath Tagore (coñecido como Gurudev), poeta bengalí de finais do s. XIX principios do s. XX; non só foi poeta; foi tamén filósofo, dramaturgo, novelista, músico...
Vamos que o home este fixo de todo e o que igual o fai máis importante é que recibiu o Premio Nobel de literatura, é máis, foi a primeira persoa asiática que recibe este premio.

21/07/2007

Jueves censurado

Somentes vou dicir unha cousa, realmente isto merécese que o censuren?


20/07/2007

Inauguración do centro social Roi Soga de Lobeira en Noia

Logo de meses de traballo pónse a andar o Centro Social Roi Soga de Lobeira en Noia. A casa común do soberanismo na bisbarra da Ría de Muros e Noia abrirá as súas portas o vindeiro sábado 21 de xullo a partir das 20:00 h.

O programa de actos consta da proxeción dun audiovisual, da autoría de Roi Ribeira, no que se amosa como ten sido o desenvolvemento de adecuación do baixo onde fica ubicado o C.S., unha intervención política a cargo de Ugio-Breogám Diéguez, e unha actuación musical/foliada seguida dunha cea de confraternidade. Os actos de inauguración fican abertos a quen quixer participar deles sendo a cea de balde.

O C.S. Roi Soga consta dunha superficie de 250m2 dividida en distintos espazos. Presidido polo Escudo da Galiza deseñado por Castelao, o C.S. conta cunha área de exposicións, unha sala de lectura e formación -Sala Moncho Reboiras-, unha outra sala para o debate, conferencias e audiovisuais -Sala Carlos Varela-, un escenario para obras teatrais, unha área de conexión sen fios á internet, así como unha ampla cafetaría concerto. O C.S. fica ubicado na rúa Travesía nº3 de Noia.

Inaugura con nós un novo espazo de reivindicación e loita ao servizo do pobo!

Darlles os meus parabens e que vai ben no seu novo proxecto, e:

10, 100, 1000 CENTROS SOCIAIS!!

Que vivan os "chiringuitos"!

17/07/2007

Libremente

Pois esta é a cita literaria que escollín para deleitarvos hoxe ;-)


Nós queríamos libremente
comer o pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
Libremente, libremente,
nós queriamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxaros, miniños,
neste arca de Noé na que bogamos.
Nós queríamos libremente surrir, falarlle a Dios no vento que pasa
-no longo vento das chairas e dos bosques-
sin temor, sin negruras, sin cadeas,
sin pecado, libremente, libremente,
coma o aire do mencer e das escumas.
Coma o vento.
Mais iste noso amor difícil rompéuse,
-vidrio de soño fráxil-
nun rochedo de berros
e agora non somos máis que sombras.

10 razóns para non usar Linux

Así en plan irónico sacado de: http://www.maximaonline.com.ar/nota.php?inot=10972

1 - Si usas Linux no tendrás que reiniciar tu PC cada vez que instales un dispositivo, programa, actualización o similares. Notarás la ausencia de esos puntos muertos porque te perderás la oportunidad de hacer otra cosa que no sea utilizar la computadora.

2 - No volverás a ver el mensaje “Se recomienda cerrar todas las aplicaciones antes de continuar” ya que en Linux no es necesario, ¿qué seguridad nos aporta esto?.

3 - No es necesario actualizar (normalmente tampoco instalar) periódicamente el antiVirus o antiSpyware. Lamentablemente, tendrás que buscar otra forma de gastar el dinero. Y si el antivirus es pirata ya no podrás alardear ante nadie de que has pirateado la última versión de tu antivirus favorito.

4 - Ya no podrás gastar ingentes cantidades de dinero en programas. Y tampoco podrás piratearlos. Linux viene con muchas, muchísimas aplicaciones para hacer casi cualquier cosa que puedas imaginar. No verás mucho software para Linux en las tiendas porque seguramente viene ya en tus CD de instalación o lo puedes descargar libremente de Internet.

5 - Dejarás de buscar “Acuerdo de licencia para el usuario final” o claves para instalar los programas. Simplemente no existen. Esto provocará que no tengas que descargar parches de páginas de dudosa fiabilidad, lo que conlleva que tu sistema no estará en peligro a cada instante.

6 - Autoconfiguración. Si hay driver para tu memoria USB, disco externo, o impresora simplemente enchúfalo y empezará a funcionar. Olvídate de buscar la última version de driver, reiniciar y todo eso. Con lo bien que se lo pasa uno instalando los CDs de los drivers e instalando el pesado software que les acompaña.

7 - Olvidate de tu “PC Doctor” favorito. Instalar 40000 aplicaciones no ralentiza el sistema, ni unas librerias corrompen las de otro programa que acabas de instalar. También puedes desinstalar una aplicacion estando seguro de que no vas a romper otra aplicación de depende de no-se-que-otra libreria.

8 - Defragmentación de disco. Simplemente no es necesario. ¿Y ahora en qué pierdo el tiempo?

9 - En el menú de inicio encontrarás las aplicaciones que instalas clasificadas de forma lógica en categorias, no todas en un enorme menú con flechitas para examinar. Esto provocará que encuentres rapidamente lo que buscas y que tengas siempre todo a mano.

10 - Tu PC es tuya. Nadie te va a obligar a pagar para que actualices a una nueva version de tu reproductor de música. Nadie va a obligarte a que te conectes a sus servidores para verificar todo tu software y ninguna información será enviada a ningún servidor de ninguna gran compañía. ¿Dónde está la gracia? Que antiguo parece Linux.

Segunda língua extranxeira: português

E porque non?
De feito acho que se debería de estudar dende os 10 anos, creo que o feito de estudar português axudache a perfeccionar o teu galego, aprendendo de onde veñen algunhas verbas e porque son así posto que o português mantense máis "puro" e parecido ao galego orixinal.
É máis o português non se debe ver coma unha língua allea, de feito non o é, para nada; é máis allea a imposta língua castelán mais témola ate na sopa.
Eu engadiría unha cousa, a materia de lingua castelán en Galicia non debería ser tal, senon que debería de ser: linguas do estado: castelán, euskara e catalá, e aprender o castelán por suposto, pero tamén ter nocións básicas das outras duas línguas do estado. Pero iso non só aquí, senon que tería que ser en todo o estado, todos terían que ter unhas nocións básicas sobre galego, euskara e catalá; así non acontecerían feitos coma os do Hospital Modelo.

Bueno, toda esta parrafada ven por un artigo que lin na web da Mesa pola Normalización Lingüitica: artigo

15/07/2007

Agresión lingüistica

A mediados de xuño, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un novo caso de grave discriminación sufrida por unha muller que acudiu co seu fillo á consulta pediátrica no Hospital Modelo da cidade da Coruña. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando a médica lle exixiu "que se dirixise a ela en castelán". Convidamos á sociedade galega a enviar correos ao hospital, para que corrixan o desprezo pola nosa lingua, e, como paso mais público, galeguicen o seu web.

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora.

A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.

A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web.

Envía o prego dende eiquí e agora .

10/07/2007

JA JA JA!! PSdeG galeguistas?¿?

JA JA JA!!
Que boa Loli así que:
"...A nós ninguén nos chamou para participar; somos tan galeguistas e herdeiros do republicanismo como calquera ou máis..."
Esta foi parte da declaración de Loli por non chamar ás Xuventudes Socialistas para participaren nos actos en memoria das Mocidades Galeguistas na Coruña.
Faime moita gracia cando en xeral o PSOE/PSdeG/Xuventudes... se declara que se galeguista, patatin patatán; a vos non vos parece un chiste?¿?
Hai que foderse, ser galeguista quere dicir ser galeguista; como se comeza a ser galeguista?¿?
Tendolle respecto á cultura galega, comezando polo galego; apoialo, FALALO non só cando se sae na TeleGaita pa quedar ben, non non, tampouco vale a variante dialectal Touriñal, non non. Tampouco vale cantalo himno galego unha vez ao ano en actos institucionais.
Riome eu do galeguismo do PSdeG/Xuventudes.
O GALEGUISMO HAI QUE EXERCELO.
Igualmente o Partido Socialista que ten de Socialista?¿?
O nome, porque outra cousa... Para ser Socialista hai que exercer como tal, non abonda con ter o nome, nin selo de estatutos.

Bueno, enrollar enrolleime ben abondo. Que brasa vos din; a nova completa que inspirou para este rollo que vos escribín podedela ver aquí

Así da gusto, que se faga xustiza!!

China condena a muerte a un ex funcionario de Sanidad por aceptar sobornos

Así é; neste país habria que aprender un pouco de China; e darlle o escarmento que se merecen os putos corruptos que están nun posto público grazas a nós, GRAZAS AO POVO, que supostamente están AO NOSO SERVIZO; e non AO DO SEU PETO.
Pois o tipo este condeado a pena de morte están condeado por aceitar subornos de empresas farmaceuticas (non sei q serán peor se as famaceuticas ou as petroleiras).

Mirade a nova completa no diario El Pais

Que conste que eu estou TOTALMENTE EN CONTRA DA PENA DE MORTE, quero que quede esto ben claro; só fago alusión a esto xa que me parece que a este tipo de xente lle hai que dar caña; pero nunca a morte; considero o dereito á vida como o dereito máis fundamental de todos.

09/07/2007

programa XVIII FESTIVAL DE PARDIÑAS

cartel XVIII FESTIVAL DE PARDIÑAS

Baile da comadrexa

Atopei este video por aí, é o baile cautivador das comadrexas, para dar caza aos coellos, votadelle un ollo, cando menos é curioso.

video

Prohibichedes o galego nas escolas...


Non sei como din feito para non poñer esta cita antes, penso que a causa foi máis ben porque non tiven o libro en Guitiriz todo este tempo.
Bueno, esta cita é mitiquísima, dunha persoa tamén mitiquísima como é Castelao, e que vou dicir que non sepades del...
Igual si que hai algo q non escoitachedes del, que é unha frase anecdótica; como ben sabedes Castelao estudou medicina, anque non foi esta profesión exercida demasiado tempo por el; o tema é que unha vez dixo:
Fíxenme médico por amor a meu pai, non exerzo a profesión por amor á humanidade


Aí vai a cita que realmente quería ensinarvos:

Prohibíchedes o galego nas escolas para producir no esprito dos nosos rapaces un complexo de inferioriade, facéndolles creer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Espulsáchedes o galego das eirexeas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugáchedes o galego ante os Tribunaes de xustiza e chegáchedes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. ¿E de que vos valeu? Porque dispois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.

05/07/2007

Paranoia de operacións


Bua, que paranoia! Na escola non nos ensinaron este xeito de resolver multiplicacións. Ao que lle deu por provar estas cousas
debia estar pirado
ou moi fumado
oh! que pareado
;-)

video

Os problemas de durmirse nun partido


Boisimo, jeje; pa que vexades o malo que pode chegar a ser durmirse en sitios públicos.

video

Pobres profesores de autoescola, canta paciencia teñen; e o tranquilos que deben ser, tendo en conta que poden quedar estampados contra algo calquer día.
Un saudo para tod@s @s profesores de autoescola dende aquí.


video

Microsoft distribue Ubuntu Linux

Si si, líchedes ben, agora Microsoft distribue Ubuntu Linux ;-)
O caso é que o fixo accidentalmente durante 3 horas, en en tan pouco tempo tivo arredor de 10.000 descargas, exitazo!!

nova completa:
http://www.adnmundo.com/contenidos/adncool/microsoft_linux_ubuntu_descarga_co040707.html

04/07/2007

Frase do día - Groucho Marx


A política é a arte de buscar problemas, atopalos, facer unha diagnose falsa e logo aplicar os remedios errados



A frase escollida para hoxe é de Julius Henry Marx, coñecido como Groucho Marx, un gran actor e comediante do século pasado.
Para máis información, coma sempre:
Wikipedia - Groucho Marx

Deus Fratesque Gallaecia

Esta cita; convertida en mítico canto patriótico (teñoa escoitado musicada por Skarnio, e tamén por Suso Vaamonde); coido que é de Alfredo Brañas Menéndez, escritor e un dos ideólogos do rexionalismo galego.
Máis información del na Wikipedia - Brañas


Castel dos celtas esperta axiña
Ergue do fango da escravitú
Patria da ialma teus ceibes cantos
Enchan o mundo de norte a sur
Das costas bravas do Finisterre
Hastra as douradas veiras do Sil
Ruxan os ventos de loita e morte
Contra os tiranos de meu país.
Dos meus pasados, bendita terra,
Nai adourada da miña nai
Creva as cadeas que te asoballan
E cingue a croa da libertá
Cantai galegos o himno xigante
Dos pobos ceives, dos pobos grandes
Cantai galegos a idea santa
Da independencia da nosa Patria

Festival de Pardiñas 2007

Xa se anda cocendo o Festival de Pardiñas deste ano, mandovos un resumo de como vai o tema:
XXVIII FESTIVAL DE PARDIÑAS
4 e 5 de agosto de 2007
“Feira e Festa da Música e da Arte"
sábado 4:
  • Exposición de pintura, escultura, fotografía e cerámica
  • Mostra do XXVIII Certame de Debuxo Infantil
  • Fallo dos Premios Guitiriz de Escultura e Fotofgrafía
  • Apertura da XXVIII Mostra de Artesanía
  • Apertura da XIV Mostra de Artesáns de Instrumentos
  • Música cos grupos
GHAITA DEPEDRA (GALIZA)
CEMPES (GALIZA)
KORRONTZI (EUSKADI)
OS TRES TREBÓNS (GALIZA)


domingo 5:
  • Apertura da Feira de Libros de Xermolos
  • Continuan as exposicións do día anterior
  • Seminario de Baile Tradicional e de Xogos Sonoros
  • Concerto da Coral de Xermolos
  • Pregón do profesor de Deusto e historiador, Xosé Estevez
  • Entrega de premios do XXVIII Certame Terra Chá de Literatura e Debuxo Infantil
  • Música cos grupos
DAZKARIEH (PORTUGAL)
XUACO AMIEVA (ASTURIES)
ELZEF (FRANZA)

Deputación de Lugo

Que escandalo!! Joder, dende a Deputación de Lugo estannos chamando burros á cara cunha desmesurada desvergonza. Todo o mundo sabemos que se fan ese tipo de cousas; e non só nas deputacións (esas institución que só valen para ter empregada á familia toda alí); pero señor Cacharro, seña un pouco menos descarado que se ve de leguas.

artigo de El Pais relacionado: El BNG acusa a Cacharro de agotar los fondos de la Diputación