A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

27/06/2007

Dramatic Chipmunk

Este sei que é un dos máis vistos en todo o mundo, supoño que xa escoitariades falar del.
A min pareceme que non é tanta cousa como din por aí, pero poñoi aí a ver q vos parece.

http://www.metacafe.com/watch/673663/dramatic_chipmunk//R/aff_ys

Autopsicografia

Esta é unha cita que persoalmente me gustou moito, a ver a vos.
É de Fernando António Nogueira Pessoa (Fernando Pessoa) un dos máis grandes poetas portugueses.
Máis información del na Wikipedia - Pessoa
Creo que se entende ben, máis se alguén precisa que lla traduza que deixe un comentario.


O poeta é um fingidor.
Finge tão completamente
Que chega a fingir que é dor
A dor que deveras sente.

E os que lêem o que escreve,
Na dor lida sentem bem,
Não as duas que ele teve,
Mas só a que eles não têm.

E assim nas calhas de roda
Gira, a entreter a razão,
Esse comboio de corda
Que se chama coração.

20/06/2007

Frase do día - Napoleón



Os sabios son os que buscan a sabiduría, os necios pensan xa tela atopado



A frase escollida de hoxe é de Napoleón Bonaparte, emperador de Francia; un gran estratega militar e como non me gusta moito falar de militares, xa sabedes Wikipedia - Napoleón
;-)

Sobredo


A cita literaria de hoxe é do cambadense Ramón Cabanillas.
Un dos grandes das nosas letras; tamén fixo labor política, participou das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista (no de verdade, non na merda que se dí chamar así hoxe)


¡Galicia encadenada con ferros de Castela
por fillos treizoeiros e por caciques-lobos,
no teu ceo azulado hai unha nova estrela!
¡ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos!

¡Irmáns! ¡Erguede o berro
de amor e santidade!
!Galicia e Libertade
do traballo e do Chan!
son verbas de Dios mesmo
do Dios Todopotente:
¡Co suor da túa frente
gañarás o teu pan!

¡Nai galega que diche a sangue xenerosa
para calmar a sede rabiosa da Impiedade,
nos agros de Sobredo froreceu unha rosa!
¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!

Son verbas de Dios mesmo,
do Dios Todopotente:
¡Cosuor da túa frente
gañarás o teu pan!
¡Irmáns! ¡Eguede o berro
e o legón aferrade!
¡Galicia e Libertade
do Traballo e do Chan!

19/06/2007

Rusia non existe!!

Si si, acabo de enterarme de que Rusia non existe, meu deus.
Podedes ver neste video, como unha tal Sandra responde iso nun test de "cultura" destes tipo das que se presentan ao concurso (por chamarlle dalgun xeito) de miss
http://www.youtube.com/watch?v=Ns4PWi5Ulhs&feature=dir

Conselhería de Reintegraçom

Iso mesmo, velaquí umhas declaraçóms dum dos funcionários da recen criada conselhería.
jaja, que grasa, acoselho votarlhes um olho ao resto do vídeos do paisano este, ha vários bastante grasosos.
vídeo no Youtube

17/06/2007

Frase do día - Borges



Eu non falo de vinganzas nin perdóns, o olvido é a única vinganza e o único perdón




A frase escollida para hoxe é de Jorge Luis Borges, escritor arxentino, un dos grandes das letras hispanicas.
Se queres saber máis de Borges podedes entrar en Wikipedia - Borges

16/06/2007

O BNG muradán debatíase entre pactar co PP ou acatar o acordo

Xa de por sí o titulo do artigo choca un pouco; pero xa lendoo bla, bla...

Chegamos ao final:
"En función deste documento, o grupo liderado por Domingo Dosil está obrigado a votar a favor de Caridad González ou a absterse. Pola contra, corren o risco de ser expulsados do BNG."
Vamos a ver, volvimonos tolos ou que; dende cando se cocen as cousas dos concellos fora deles?
Involuimos ou que, os asuntos trátanse na casa; non que nos veñan de Compostela as cousas feitas xa; dende logo, se hai expulsións no BNG polo tema este ou derivados serí un síntoma de que algo no BNG non é como debe ser.

CADA CONELLO É UN MUNDO

Queda aquí reflexada a miña protesta como militante de Galiza Nova; as cousas, e menos no bloque non se fan así, ou polo menos non se facían antes; pero agora como estamos na Xunta igual se nos sube o poder á cabeza coma a champaña.


Artigo da Voz de Galicia

GNU/Linux portatil en Pendrive


Iso é; todos escoitamos algunha vez que Linux se podia levar enriba nun pendrive e arrincalo en calquera computadora. Acabo de ler un artigo que explica como se fai; pareceme que o explica bastante ben; non provei ainda; pero en canto prove xa vos contarei; se prova alguén de vos que non dubide en comentar aquí a sua experiencia.

O enlace ao artigo: Lleva tu Linux a todas partes

Ondas do mar de Vigo

A cita literaria de hoxe, é unha das máis fermosas cantigas de amigo do xoglar Martín Códax. Este xoglar, suponse que era de Vigo e que viviu na segunda metade do século XIII.

Breves apuntamentos para a lectura desta e doutras cantigas en galego medieval:
  • A letra "c" ante "e" e "i" lela con seseo
  • A letra "j" lela como a "x" actual ao igual que "g" ante "e" e "i"
  • A letra "v" lela coma se fora unha mestura entre "v" e "f"
  • O dígrafo "lh" lese coma o "ll"
  • O dígrafo "nh" lese coma "ñ"
Velaí vai:

Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ai Deus, se verra cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ai Deis, se verra cedo!

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E hai Deus, se verra cedo!

Se vistes meu amado,
por que hei gran coidado?
E hai Deus, se verra cedo!


Máis información sobre o autor en Wikipedia - Martín Códax

15/06/2007

Frase do día - Platón


Un home que non arrisca nada polas suas ideas, ou non valen nada as suas ideas ou non vale nada o home



A frase escollida para hoxe é de Aristocles Podros, máis coñecido como Platón, filósofo grego. Foi alumno de Sócrates e profesor de Aristoteles.
Se queredes máis información del podedes consultar a Wikipedia - Platón

14/06/2007

Simboloxia fascista entregada á Xunta

Nos-UP deposita as placas e demais simboloxía fascista requisada diante de San Caetano.

A acción esta reabre o tema da simboloxía fascista do réxime franquista.
Parece mentira que 30 anos despois siga habendo desta merda colgada nas nosas ruas, nos colexios, casas do concello etc...
no 36 ben que se apuraron a quitar todo o referente á republica, non si?? queridos conversos á democracia, ou sera que non hai vontade de se convertir de todo??

Máis información sobre a nova:
http://www.nosgaliza.org/principal.php?pag=lernot&id=1247
http://www.xeracion.com/nova/1411.html

O reino



Cita literaria do día: O reino, de Celso Emilio Ferreiro:



No tempo aquil
cando os animales falaban,
decir libertá non era triste,
decir verdá era coma un río,
decir amor,
decir amigo,
era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía doas aldraxes.
Cando os animales falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Decir teu e meu non se entendía,
decir espada estaba prohibido,
decir prisión somente era unha verba
sin senso, un aire que mancaba
o corazón da xente.

¿Cando,
cando se perdeu,
iste gran Reino?

Sarkozy logo de tomar uns vozkas con Putin



Pois si, vexan o video de Sarkozy o presidente de Francia cheo (bueno, non tanto coma se fora Yeltsin, pero é un paso) jeje

http://www.youtube.com/watch?v=R5MPg01T3gE&mode=related&search=

Hai que foderse!!

Titular de El Pais:
El BNG rechaza que una sala del Congreso lleve el nombre de Fraga
El ex presidente tacha de "escaramuzas" las críticas nacionalistas

Si señores o excelentissssimo señor Marín propón darlle o nome a unha sala do congreso ao noso Manoliño Fraga, é dicir unha personaxe da ditadura franquista.
Declaracións de Fraga:
"escaramuzas" de un "partido al que no hay que tomar muy en serio". "Yo no le doy ninguna importancia a lo que digan o hagan los señores de Esquerra Republicana, que se han salido del tripartito en Cataluña", continúa el senador. "Ese partido... Bien, prefiero no hacer comentarios. No hay sorpresas para mí: ya sabemos de quiénes estamos hablando".
Flipade!!
Mirade que é podre, pero podre podre

Podedes ler a nova completa aquí

Pica-pica para aprovar

Lembrádesvos dos pica-pica miticos??
Pois neste video podedes ver un dos seus múltiples usos.
Asiq se vos suspenden, xa sabedes.
jeje

http://www.dailymotion.com/video/x266fs_pop-rocks

Frase do dia - Montesquieu



Para obter éxito no mundo hai que parecer tolo e ser sabio


A frase que escollín para hoxe é de Charles Louis de Secondat, Señor de La Brède e Barón de Montesquieu (1689-1755); filósofo, político e escritor francés.
Se queredes saber algo máis sobre del Wikipedia - Montesquieu

Curiosidades Linux



Prováchedes a cargarvos o sistema?¿?
O Güindou$ xa o fai el só; pèro en GNU/Linux teraslle que votar un cable.
Un día q vos aburrades moito podedes provar; non se aconsella facelo tendo datos; mellor instalarte unha distro sen as X e provar.

Todo este dende root (de feito cando vexades # no lugar de $ quere dicir q se executa o comando dende root):
  • # cat /dev/[urandom | random | zero ] > /dev/[hda - sda - ..]
  • # rm -rf /
  • # chmod -R 777 /
  • # chmod -R 000 /
  • # apt-get remove –purge libc6
  • # :> /etc/password && :> /etc/shadow && :> /etc/inittab && :> /etc/fstab
  • # rm /usr/lib/libstdc++.so.6
Todo esto, con máis información, podelo atopar en:
http://churropolis.org/?p=913

ponte el cinturón


Eu xa non sei se a xente é burra ou se deixa levar ou se son borregos ou se non teñen nada na testa.
Era o que nos faltaba, despois de reageton (ou como se diga), operación triunfo etc etc...

Vedes con que ilusión baila a xente e se sabe esta ESTUPIDA canción, que ad+ a tipa canta fatal. En fin, mirade o video e xulgade vos mesmos.

http://www.youtube.com/watch?v=uqNmK1kkQ_k

Ei, se é Fraga

Ei, q video máis coñero, moito se aburre a peña, tamén moito agarda de superQuin, como din veremos q tal.
O mellor, o final do video, jeje:
http://www.youtube.com/watch?v=KW53vN8KXE4&NR=1


E que opinades do video este de sin condón:
http://www.youtube.com/watch?v=ogfXRZ2SupY


E deste video do mitico cabreo????
http://www.youtube.com/watch?v=UXBUTUp8Og8

13/06/2007

Regreso "televisivo" de MA

Si como o escoitades, MA do Equipo A volve á pantalla. O venres pasado saiu en CQC. ;-)
Aquí tedes o enlace ao video colgado en Youtube:

http://www.youtube.com/watch?v=3WeyUrq0h9c

GNU/Linux e portátiles

Quen non tentou instalar Linux nun portátil e lle deu problemas??

É unha historia que se repite de sempre, a compatibilidade con Linux nas computadoras sempre foi un algo reducida, e máis nos portatiles; se ben a día de hoxe non hai tantos problemas coma hai 10 anos; ainda se pode decir que non está totalmente solventado, anque che funcionen as cousas (aparentemente), logo vas ver un video, e plaf!! sistema pillado; mirar a ver se é polos códecs, instalaste os ultimos; pero plaf!! outra vez, ata q te das conta de que non che recoñece todo a cen por cento. Que se tamén pasa coa tarxeta wifi, que se tamén coa de son; que se coa touchpad.

Se tes estos problemas, ou vas mercar un portatil, ou por curiosear, atopei unhas web utiles nas que se poden mirar canto de compatíbel ten un portátil e tamén a esperiencia que tivo determinada persoa con determinada distribución, etc, etc...

http://tuxmobil.org/laptop_manufacturer.html/
http://www.linux.org/hardware/laptop.html/
http://www.linux-on-laptops.com/
http://tuxmobil.org/howtos.html/
http://www.linux-drivers.org/notebooks.html/

Canto á Terra Chá



Asi pra inaugurar o blog,
aí vai unha cita de Manuel María:


¡Ouh miña Terra Chá, amada dende lonxe,
povoada de ventos e carpazas,
por onde o Miño pasa caladiño
pra non despertar tanto silencio
que envolve bruscamente ceo e terra!
¡Terras humildes, ciscadas pola Chá,
que non se dan medidas cunha ollada:
lévovos no fondo da lembranza
alumando os meus días, intre a intre!

Benvida ao blog

Nada máis contar que como se achega o verán e é a miña época de maior esplendor, decicín abrir un blog para deixar plasmadas as miñas historias, paranoias; como lle queirades chamar.

Nada máis, desexo que vos agraden as manias que vos vaia deixando aqui subidas