A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

25/09/2007

Sesión 5 - Uso do 'q' e 'qu'

Como a sesión 4 foi demasiado sinxela (quen non a sepa ha levar paus) ración dobre hoxe.

Dicir que 'q' sempre vai seguido de 'u'. Á hora de pronunciar, pronúncianse as duas letras salvo algúns casosnos que se admite pronucialo 'u' ou non

Esmprégase 'qu' en:

1-Co fonema /k/ ante 'e' e 'i' (igualmente ca na normativa oficial)
exemplo:
requinta, queijo...

2-Todas as palabras comezadas por qua-, qüi- *, quo; salvo cuidar e as derivadas de cu: cuada, cueiro...
exemplo:
quadro, quota, qüididade...

3-Todas as palabras comezadas por aqu(a)-, equa-, eqüe- **, eqüi-, equo-, esqua- e sequ-
exemplo:
aquático, aqüeduto, equador, eqüestre, esquadra, seqüela...

4-As rematadas en -quo salvo conspícuo, inócuo e vácuo
exemplo:
ventríloquo, longínquo...

5-As rematadas en -qüência e -qüente
exemplo:
eloqüência, conseqüente...

6-As relacionadas co verbo latino loqui (falar)
exemplo:
loquaz, loquacidade...

7-Tamén as seguintes:
adequar, antiquar, antiquário, cinqüenta, liquar




* qüi lese coma se fora cui segundo a normativa oficial, foneticamente /kwi/; ponse qüi para diferenciar de qui que corresponde con /ki/
** qüe lese coma se fora cue segundo a normativa oficial, foneticamente /kwe/; ponse qüe para diferenciar de que que corresponde con /ke/

Nenhum comentário: