A cita literaria de hoxe é do cambadense Ramón Cabanillas.
Un dos grandes das nosas letras; tamén fixo labor política, participou das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista (no de verdade, non na merda que se dí chamar así hoxe)
¡Galicia encadenada con ferros de Castela
por fillos treizoeiros e por caciques-lobos,
no teu ceo azulado hai unha nova estrela!
¡ardente e sanguiñenta, agoira os tempos novos!
¡Irmáns! ¡Erguede o berro
de amor e santidade!
!Galicia e Libertade
do traballo e do Chan!
son verbas de Dios mesmo
do Dios Todopotente:
¡Co suor da túa frente
gañarás o teu pan!
¡Nai galega que diche a sangue xenerosa
para calmar a sede rabiosa da Impiedade,
nos agros de Sobredo froreceu unha rosa!
¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!
Son verbas de Dios mesmo,
do Dios Todopotente:
¡Cosuor da túa frente
gañarás o teu pan!
¡Irmáns! ¡Eguede o berro
e o legón aferrade!
¡Galicia e Libertade
do Traballo e do Chan!
Nenhum comentário:
Postar um comentário