A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

13/06/2007

GNU/Linux e portátiles

Quen non tentou instalar Linux nun portátil e lle deu problemas??

É unha historia que se repite de sempre, a compatibilidade con Linux nas computadoras sempre foi un algo reducida, e máis nos portatiles; se ben a día de hoxe non hai tantos problemas coma hai 10 anos; ainda se pode decir que non está totalmente solventado, anque che funcionen as cousas (aparentemente), logo vas ver un video, e plaf!! sistema pillado; mirar a ver se é polos códecs, instalaste os ultimos; pero plaf!! outra vez, ata q te das conta de que non che recoñece todo a cen por cento. Que se tamén pasa coa tarxeta wifi, que se tamén coa de son; que se coa touchpad.

Se tes estos problemas, ou vas mercar un portatil, ou por curiosear, atopei unhas web utiles nas que se poden mirar canto de compatíbel ten un portátil e tamén a esperiencia que tivo determinada persoa con determinada distribución, etc, etc...

http://tuxmobil.org/laptop_manufacturer.html/
http://www.linux.org/hardware/laptop.html/
http://www.linux-on-laptops.com/
http://tuxmobil.org/howtos.html/
http://www.linux-drivers.org/notebooks.html/

Nenhum comentário: