A XANELA CONTRA A IGNORANCIA

01/09/2007

Pranto pola Terra Cha

8 de setembro
aniversario do pasamento de Manuel María; na súa memoria, adícovos estos versos del.
Manuel María, poeta chairego!!

Eu son chairego. E chairegos son os meus.
¡Chairegos meu avó, meu pai, miña muller!
Denantes na Chaira reinaba a paz de Deus
e eu tiña, na Terra Cha, o meu querer.

¡Agora non podo recoñecer a terra miña!
¡Non podo recoñecer lugares que tripei!
Eu amo unha Terra Cha humildosiña
cun amor xeneroso, fidel e de boa lei.

Camiñei por toda a Chaira moi contento
cantándolle ás estrelas e ás rapazas.
Cantando á terra, ás arbores, ó vento.
Cantando os homes, ó gando e ás carpazas.

Agora xa non canto. ¡Choro!¡Os tractores
defixéronlle a face á miña Terra Cha!
¡Os ruxidos inhumás e roucos dos motores
matáronlle, pouco a pouco, a súa soidá!

¡Á miña terra puxéronlle outros traxes
e andan agora poñéndolle outra alma!
¡Foron desaparecendo camiños e paisaxes
e hasta os ríos perderon a súa calma!

Colonizaron a Terra Chan tan colonizada
que a trocaron noutra terra diferente.
Agora o traballo dun home non val nada:
¡traballa máis un tractor que moita xente!

¡Eu quero unha Terra Cha chea de fartura!
¡Unha Chaira boa e rica e moi sinxela
que, anque teña riqueza, siga sendo pura
e que, inda sendo rica, siga sendo ela!

¡Eu quero pedir os montes prós labregos
xa que, dende sempre, o labrego os poseeu!
¡Pido que a riqueza agrome en novos regos
e que cada labrego teña máis de seu...!

¡Qué os labregos sexan os donos do tractor
e que con el traballen o monte largacío!
¡Trabállase máis, con moito máis amor,
cando ún labra no seu propio labradío!

¡Choro agora por unha terra que era miña,
na que eu sentín nacer os meus amores...!
¡Era unha terra boa, fermosa, humildosiña
que a trocaron us homes con tractores!

Nenhum comentário: