Lembradesvos da etapa do instituto de Guitiriz na que me subia alí enriba co altofalante votando pestes en contra de todo.
Que proteston non?¿?
Mirade o que atopei:
lido o 13 novembro do 2003 no IES de Guitiriz (actualmente IES Poeta Díaz Castro)
Estamos hoxe aquí a nos manifestar un ano despois do afundimento do Prestige. O Prestige, aquel buque que tantos crebadeiros de cabeza lles deu aos políticos, digo políticos e non gobernantes, xa que a estes últimos foron aos que menos crebadeiros lles deu, eles elixiron a opción máis fácil e comoda, que é máis como? esquecerse do problema e mandalo lonxe ou afrontalo para darlle fin canto antes?
Vos que dicides? Eu polo menos digo que non o pensaron ben, así lles saeu, pensaron que en Galicia íamos dicir que chove cando mexan por nós. Por moito que intentaron a manipulación e o escurantismo non conseguiron calar a voz, a nosa voz, a voz de tódolos galegos que verramos hoxe, mañá e sempre:
NUNCA MÁIS!!
Nunca máis a que?
Nunca máis á mentira, nunca máis á ausencia, nunca máis á prepotencia e nunca máis á política fascista levada a cabo polo goberno galego e polo español.
Non só sei falar de cousas negativas, se non que dende aquí mando un enorme agradecemento aos voluntarios que fixeron posible a recollida do chapapote, un aplauso para eles!
Para rematar propoño un minuto de silencio polas víctimas desta traxedia, que espero que o pobo galego nunca olvide.
A XANELA CONTRA A IGNORANCIA
13/11/2007
Assinar:
Postagens (Atom)